Curso de Iniciación ao Comercio Internacional

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA

Semana 1: xoves 30 de marzo 

Presentación do programa 

Sesión titorial de uso da plataforma de formación en liña. 

 

MÓDULO 1. CONTORNA INTERNACIONAL 

Semana 2: xoves 13 de abril  

Contido. Introdución á contorna da economía e negocios internacionais: zonas económicas internacionais, UE, empresas multinacionais e multiregionales, start ups globais. 

 

MÓDULO 2. MODELO DE NEGOCIO 

Semana 3: xoves 20 de abril 

Contido. Plan de internacionalización, transformación organizativa, estratexia competitiva, planificación, seguimento, cadro de mando. 

 

MÓDULO 3. INVESTIGACIÓN DE MERCADOS 

Semana 4: xoves 27 de abril 

Contido. Investigación e segmentación de mercados. Vías de acceso mercado/cliente. Barreiras arancelarias e non arancelarias. Fontes de información. 

 

MÓDULO 4: PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS E TÉCNICOS 

Semana 5: Xoves 4 de maio 

Contido. Aduanas: arancel común, certificado de orixe, valoración, destinos aduaneiros, DUA, Intrastat… 

 

MÓDULO 5: CONTRATACIÓN INTERNACIONAL 

Semana 6: xoves 11 de maio 

Contido. Contratos de comercio exterior: compra-venda, intermediación, axencia, joint venture… 

 

MÓDULO 6: LOXÍSTICA E TRANSPORTE INTERNACIONAL 

Semana 7: xoves 25 de maio 

Contido. INCOTERMS, embalaxe, etiquetado, seguros de transporte internacional… 

 

MÓDULO 7: FISCALIDADE 

Semana 8: xoves 1 de xuño 

Contido. Aranceis, IVE, doble imposición 

 

MÓDULO 8: MARKETING INTERNACIONAL 

Semana 9: xoves 8 de xuño 

Contido. Segmentación de mercados, competencia, marketing mix: 

selección de produto, política de prezos, distribución e comunicación, servizo posvenda. 

 

MÓDULO 9: FINANCIACIÓN E MEDIOS DE PAGO 

Semana 10: xoves 15 de xuño 

Contido. Crédito documentario, remesas, factoring… 

 

MÓDULO 10: ACCESO AO MERCADO 

Semana 11: xoves 22 de xuño 

Contido. Feiras e misións comerciais. Oficinas comerciais no exterior. 

 

MÓDULO 10: EXPANSIÓN INTERNACIONAL 

Semana 12: xoves 29 de xuño 

Contido. Sucursais, filiais, joint ventures, franquicias, licitacións internacionais. 

 

MÓDULO 12: FOMENTO/CLAUSURA

Semana 13: xoves 6 de xullo 

Contido. Axudas á internacionalización, programas multilaterais 

Curso de Iniciación ao Comercio Internacional​

Dirixido a

Curso gratuíto dirixido a responsables de xerencia e desenvolvemento de negocio, emprendedores e profesionais de todos os sectores

Obxectivos

Coñecer as bases e fundamentos do comercio exteiror

Familiarizarse coas áreas fundamentais do comercio internacional: contratación, aduanas, transporte, financiamento, fiscalidade, etc.

Facilitar á área de xerencia e desenvolvemento de negocio da empresa o coñecemento necesario que lle permita entender cales son os aspectos clave que debe ter en conta á hora de definir as bases do seu proxecto de internacionalización

 

Duración

🗓️ Do 30 de marzo ao 6 de xullo de 2023

🕕 Todos os xoves de 18:30 a 20:00h

Metodoloxía e formato

➡️ Modalidade en liña

➡️ 12 módulos temáticos de formación en comercio exterior, en formato de clases en liña (participación en directo) e con apoio de material didáctico e informativo

➡️ Frecuencia semanal. 12 seminarios de 90 minutos de duración cada un

➡️ Boletín mensual con novas de actualidade sobre as materias impartidas

 

Máis información

📧 Consultas técnicas: [email protected]

📧 Consultas académicas: [email protected]

Cadro docente

Paula Lodeiro Pose | Presentadora e moderadora de sesións

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela con 20 anos de experiencia profesional como xornalista, primeiro no ámbito da información local e posteriormente no da información económica.

Desde 2016 dirixe e coordina os contidos da web economiaengalicia.com, diario dixital de economía galega.

Ademais, é colaboradora de Empresa Exterior, diario económico do negocio internacional de España, onde realiza entrevistas e conduce e modera eventos e webinars.