Vendas estratéxicas para o crecemento internacional en contornas B2B

Como pechar acordos con grandes clientes e alianzas con socios internacionais

Impartido por: Carlos Grau


MÓDULO 1: Vendas estratéxicas

🕕 Martes 12 de marzo, 18:30h.

Técnicas de vendas complexas B2B

Contido: técnicas para incrementar as probabilidades de peche de operacións en grandes clientes:
 
🕕Mércores 20 de marzo, 18:30h.

Técnicas de vendas complexas B2B

Contido: realización de exercicios prácticos de xestión de oportunidades de venda complexa con utilización de metodoloxía e formularios. Posibilidade de realizar os exercicios tratando casos reais de empresas voluntarias participantes no curso.

 

MÓDULO 2: Plan de contas

🕕Martes 2 de abril, 18:30h.

Elaboración dun plan de contas

Contido: aprender boas prácticas para elaborar bos plans de contas co obxectivo de fidelizar e crecer en grandes clientes:

🕕Martes 9 de abril, 18:30h.

Plans de contas

Contido: realización de exercicios prácticos de xestión de oportunidades de venda complexa con utilización de metodoloxía e formularios. Posibilidade de realizar os exercicios tratando casos reais de empresas voluntarias participantes no curso.

MÓDULO 3: Alianzas e partenariados

🕕Martes 16 de abril, 18:30h.

Planificación de alianzas

Contido: técnicas para incrementar as probabilidades de peche de operacións en grandes clientes.

🕕Martes 23 de abril, 18:30h.

Caso práctico

Contido: realización de exercicios prácticos de xestión de oportunidades de venda complexa con utilización de metodoloxía e formularios. Posibilidade de realizar os exercicios tratando casos reais de empresas voluntarias participantes no curso.

 

Clausura do curso

Vendas estratéxicas para o crecemento internacional en contornas B2B

Prazo de inscrición 

Ata o 8 de marzo de 2024

Formación gratuíta

Dirixido a

Responsables de desenvolvemento de
negocio e expansión internacional de
empresas interesadas en crecer en
contornas B2B

Obxectivos

Axudar a responsables de desenvolvemento
de negocio e expansión internacional a xerar
oportunidades de negocio en contornas
B2B, a través de acordos con grandes
clientes e alianzas con socios internacionais.

Ao finalizar o curso, o alumnado estará
capacitado para coñecer as bases do
funcionamento destas técnicas e con iso
mellorar o seu desempeño comercial en
contornas B2B internacionais.

 

Duración

🗓️ Do 12 de marzo ao 23 de abril de 2024

🕕 Martes de 18:30 a 20:00h

Metodoloxía e formato

  • Modalidade en liña
  • 3 módulos temáticos de formación en venda estratéxica, en formato de clases en liña e con apoio de material didáctico
  • Frecuencia semanal: 6 clases de 90 minutos de duración cada unha
  • Impartición do curso a través do campusinternacional.igape.es

 

Máis información

📧 Consultas técnicas: admcursoformate@igape.es

📧 Consultas académicas: alumnoscursoformate@igape.es

Cadro docente

Carlos Grau | Docente

Enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña, PDD por IESE, SMTC pola Universidade de Stanford, Carlos Grau conta cunha longa traxectoria profesional no ámbito das tecnoloxías da información, ocupando cargos de dirección en empresas como Hewlett-Packard, Accenture ou Sun Microsystems. Grau uniuse a Microsoft no 2004 como Director Xeneral en Catalunya e posteriormente asumiu a Dirección de Sector Público en España. Carlos centrou tamén a súa actividade no campo da innovación, onde liderou proxectos como Biid ou Step One Ventures, e foi membro do Consello Asesor do Fondo de Capital Risco Nauta Capital. Entre os anos 2017 e 2022 Grau foi CEO da Fundación Mobile World Capital Barcelona, promovendo un legado froito da capitalidade internacional das tecnoloxías móbiles.

Na actualidade é CEO de Grau Innovation Consulting, firma de servizos de consultoría que ofrece servizos de conselleiros asesores e formación en técnicas de vendas complexas B2B. Grau é membro de diversos consellos asesores e forma parte do claustro do Executive MBA da Universidade Internacional da Rioxa (UNIR) e do padroado da escola de negocios EADA.