Curso: IA aplicada a procesos de internacionalización de empresas

ÍNDICE DE SESIÓNS E CONTIDOS

1. Fundamentos de Intelixencia Artificial (Primeira Parte)

Conceptos básicos da Intelixencia Artificial, a súa historia, evolución e impacto na sociedade e os negocios. Conceptos de Big Data, Ciencia de Datos e Machine Learning.

🗓️ Data: 22 de abril

👤 Docente: Alexander Seoane

Alexander Seoane

2. Fundamentos de Intelixencia Artificial (Segunda Parte)

Principais algoritmos de IA e as súas aplicacións empresariais para a toma de decisións.

🗓️ Data: 29 de abril

👤 Docente: Alexander Seoane

Alexander Seoane

3. Estado da arte da Intelixencia Artificial Xenerativa

Estado actual da IA xenerativa: plataformas, aplicativos, modelos, custo e formas de acceso e uso.

🗓️ Data: 6 de maio

👤 Docente: Carlos Rojo

Carlos Rojo

4. Fundamentos do Prompting

Importancia do prompting na interacción con modelos de IA xenerativa. Boas prácticas para deseñar prompts efectivos e como maximizar a precisión e relevancia das respostas obtidas.

🗓️ Data: 13 de maio

👤 Docente: Maria Bordagaray

Maria Bordagaray

5. Xeración de Contidos

Uso da IA para a redacción automática de textos, xeración de material publicitario e márketing de contido. Xestión de traducións de textos e xeración de resumos de documentación.

🗓️ Data: 20 de maio

👤 Docente: Maria Bordagaray

Maria Bordagaray

6. Xeración de Imaxes e Presentacións

IA como asistente na creación de imaxes, gráficos e presentacións profesionais.

🗓️ Data: 27 de maio

👤 Docente: Carlos Rojo

Carlos Rojo

7. Ferramentas de Produtividade

Ferramentas de IA para a xestión do correo electrónico, xeración automática de respostas, organización de tarefas, asistentes virtuais e automatización de fluxos de traballo.

🗓️ Data: 3 de xuño

👤 Docente: Valter Barbio

Valter Barbio

8. Automatizacións

Automatización de procesos vistos en módulos anteriores para a escalabilidade do uso de IA en xeración de contidos, traducións masivas etc.

🗓️ Data: 10 de xuño

👤 Docente: Miguel Angel Lopez Fuster

Miguel Angel Lopez Fuster

9. Copilotos

Copilotos de IA como ferramentas para asistir en tarefas específicas nas ferramentas de ofimática habituais.

🗓️ Data: 17 de xuño

👤 Docente: Miguel Angel Lopez Fuster

Miguel Angel Lopez Fuster

10. Casos de uso na área Comercial

IA como asistente na xeración de análise DAFO, análise de competencia e estratexias de prospecting en mercados obxectivos.

🗓️ Data: 24 de xuño

👤 Docente: Juan Andrés Tejero

Juan Andrés Tejero

11. Casos de uso en Loxística e Almacéns

Usos da IA xenerativa na loxística e xestión de almacéns. Enfoque en procesos de internacionalización: apoio en xestión de inventarios, optimización de roteiros de distribución, automatización de documentación aduaneira e adaptación de estratexias loxísticas a diferentes regulacións e contornas comerciais.

🗓️ Data: 1 de xullo

👤 Docente: María Bordagaray

María Bordagaray

12. Casos de uso na área Financeira e de Recursos Humanos

Aplicacións de IA na xestión financeira: lectura de facturas, automatización de procesos contables. Optimización da contratación e retención de talento en Recursos Humanos e análises de clima laboral.

🗓️ Data: 8 de xullo

👤 Docentes: Garazi Peralta / Marc Cortell

Garazi Peralta
Marc Cortell

Curso: IA aplicada a procesos de internacionalización de empresas

Como aumentar a produtividade integrando ferramentas de IA xenerativas no noso día a día

Prazo de inscrición 

Ata o 20 de abril de 2025

Inscrición gratuíta

Dirixido a

Directivos e mandos intermedios de todas as áreas funcionais de empresas de todos os sectores.

Obxectivos

  • ➡️ Obter unha visión xeral do papel da IA Xenerativa e das ferramentas existentes, así como das posibilidades de aplicación nos procesos de internacionalización da empresa.
  • ➡️ Tras o curso, os alumnos serán capaces de aplicar fundamentos básicos de uso no seu día a día e terán a visión para poder afondar en procesos máis complexos con apoio externo adecuado.
 

Duración

🗓️ do 22 de abril ao 8 de xullo

🕕 Martes de 9 a 10:30

Metodoloxía e formato

  • ➡️ Modalidade online.
  • ➡️ 18 horas lectivas.
  • ➡️ Frecuencia semanal: 12 clases de 90 minutos de duración cada unha.
  • ➡️ Apoio de material didáctico e informativo.
  • ➡️ Impartición do curso por parte de docentes especialistas en cada unha das materias específicas.
  • ➡️ Plataforma en liña interactiva: gravación e biblioteca de contidos didácticos, clases participativas en directo.

Máis información

📧 consultas técnicas e/ou inscricións: [email protected]

📧 Consultas académicas: [email protected]

Juan Tojo

Director Académico

Colabora

LIN3S

Cadro docente

Alexander Seoane | Consultor Data

Alexander Seoane é Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, e #Máster en Big Data e Business Intelligence. Profesor en posgraduados de Big Data na Universidade de Deusto e Universidade de Comillas. Con experiencia de máis de 20 anos en desenvolvemento de negocio, achega unha visión estratéxica complementaria na integración de solucións de IA no ámbito corporativo.

Carlos Rojo | Responsable Área Performance

Carlos Rojo é Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía e #Máster en Administracion de empresas, con formación especializada en márketing dixital e optimización de campañas. Experto en IA Xenerativa para a mellora do rendemento de campañas dixitais.

María Bordagaray | Analista de datos e Inteligencia de Negocio

María Bordagaray é Enxeñeira de Camiños con Doutoramento en Enxeñería Civil. Ten unha sólida traxectoria no uso de modelos de datos e intelixencia de negocio. Conta con certificación de Google Cloud Machine Learning Engineer, e aplica o seu coñecemento en contornas cloud para deseñar solucións analíticas cun forte compoñente de IA, tanto en España como a nivel internacional.

Valter Barbio | Consultor Negocio Digital

Valter Barbio é Enxeñeiro de Sistemas cun enfoque claro na aplicación de tecnoloxías de intelixencia artificial ao márketing dixital. Profesor de IA aplicada ao márketing en IE University, achega unha visión aplicada da IA en sectores como turismo, inmobiliario e automoción, combinando a súa experiencia en desenvolvemento de negocio cun dominio de ferramentas e plataformas de analítica avanzada.

Miguel Ángel López Fuster | Consultor Data Science

Miguel Angel López Fuster é Enxeñeiro Informático con máis de 25 anos de experiencia, especializado en intelixencia artificial, ciencia de datos e solucións na nube. Conta cun Máster en Investigación en Enxeñería de Sistemas con especialidade en robótica e múltiples programas de especialización en Deep Learning, vehículos autónomos e robótica. Posúe certificacións clave como Google Cloud Professional Machine Learning Engineer e Generative AI.

Juan Andrés Tejero | Data Engineer/Scientist

Juan Andrés Tejero é Enxeñeiro en Tecnoloxías de Telecomunicación con Máster en Big Data & Business Analytics. Posúe certificacións de Google Cloud como Data Engineer, e aplica o seu coñecemento na implementación de solucións de IA en proxectos de alto impacto, integrando visión de negocio con capacidades técnicas avanzadas.

Garazi Peralta | Analista y Científica de Datos

Garazi Peralta é graduada en ADE cun #Máster en Business Analytics e formación específica en programación e machine learning. O seu enfoque como científica de datos céntrase na combinación de estatística, visualización e IA para xerar modelos preditivos con impacto real en negocio. Imparte formación en Python e Machine Learning, reforzando o seu perfil técnico e pedagóxico neste ámbito.

Marc Cortell Talamantes | Analista de datos

Marc Cortell é Licenciado en Ciencia de Datos con formación especializada en Deep Learning. Participou en proxectos onde desenvolveu pipelines de machine learning e modelos de aprendizaxe automatizada. O seu perfil técnico está apoiado por unha ampla base de certificacións prácticas, o que a posiciona como unha profesional preparada para aplicar IA de forma transversal.