Curso: Inglés para a Internacionalización

ÍNDICE DE CONTIDOS

Cápsula 1: «Entering Global Markets»

  • ➡️ Descrición: Introdución ao vocabulario e ás estratexias clave para acceder a mercados internacionais.
  • ➡️ Contido: Identificación de oportunidades de negocio noutros países e preparación de presentacións efectivas en inglés.

Cápsula 2: «Business Communication and Email Etiquette»

  • ➡️ Descrición: Comunicación empresarial a través de correos electrónicos e mensaxes formais.
  • ➡️ Contido: Redacción de correos claros, concisos e profesionais en inglés, e adaptación aos estilos comunicativos segundo o contexto cultural.

Cápsula 3: «International Negotiation Skills»

  • ➡️ Descrición: Habilidades de negociación efectiva no contexto dos negocios internacionais.
  • ➡️ Contido: Ferramentas para negociar en inglés, dende a presentación de propostas ata a xestión de obxeccións e técnicas para alcanzar acordos beneficiosos respectando as diferenzas culturais.

Cápsula 4: «Building and Maintaining International Business Relationships»

  • ➡️ Descrición: Estratexias para construír e manter relacións comerciais internacionais.
  • ➡️ Contido: Uso adecuado da linguaxe e sensibilidade cultural para establecer vínculos sólidos con socios e clientes internacionais.

Cápsula 5: «Presentations and Public Speaking in International Settings»

  • ➡️ Descrición: Habilidades para facer presentacións efectivas en inglés en contornas internacionais.
  • ➡️ Contido: Estruturación e exposición de presentacións profesionais en reunións, congresos e feiras internacionais.

Cápsula 6: «Cross-Cultural Communication in Business»

  • ➡️ Descrición: A importancia da comunicación intercultural nos negocios internacionais.
  • ➡️ Contido: Comprensión das diferenzas culturais que afectan a comunicación e adaptación do estilo de interacción para evitar malentendidos e fomentar a confianza.

Cápsula 7: «Managing International Projects and Teams»

  • ➡️ Descrición: Xestión de proxectos e equipos en contornos internacionais.
  • ➡️ Contido: Dirección de equipos multiculturais, xestión de proxectos a distancia e coordinación eficaz con colaboradores e socios internacionais.

Cápsula 8: «Global Marketing and Branding»

  • ➡️ Descrición: Adaptación de estratexias de márketing e branding a mercados internacionais.
  • ➡️ Contido: Creación e adaptación de campañas e identidades de marca en inglés para diferentes culturas e mercados.

Curso: Inglés para a Internacionalización

Empresas Exportadoras e Internacionalización Dixital

Prazas e Prazo de Inscrición 

➡️ Organizaranse 3 grupos formativos, todos de balde.

➡️ Poderán participar ata un máximo de 10 alumnos por grupo.

➡️ Inscricións ata o 8 de setembro ou completar as prazas dispoñibles.

Dirixido a

Profesionais do ámbito comercial, do márketing e da dirección empresarial de empresas galegas.

Descripción xeral

  • Con unha metodoloxía flexible e centrada no mundo real, este curso ofrece unha experiencia de aprendizaxe 100% en liña, ideal para quen desexe mellorar o seu inglés sen comprometer a súa axenda profesional.
  • Combinamos tecnoloxía de vangarda con contidos altamente especializados, garantindo unha formación personalizada adaptada ás necesidades específicas de cada profesional. Dende reunións e negociacións ata redacción de correos formais e presentacións, este curso axudarache a comunicarte con eficacia en calquera situación profesional.

Obxectivos

  • ➡️ Desenvolver habilidades comunicativas en inglés para contextos empresariais e de negocios internacionais.
  • ➡️ Adquirir vocabulario especializado para a expansión global de produtos e servizos.
  • ➡️ Aprender a negociar, establecer relacións comerciais e xestionar operacións nos mercados internacionais.
  • ➡️ Adaptarse ás diferenzas culturais e lingüísticas no entorno empresarial global.

Duración

🗓️ Do 15 setembro ao 17 decembro de 2025

Metodoloxía e formato

  • ➡️ Modalidade en liña
  • ➡️ 40 horas en grupo (Inglés para a internacionalización)
  • ➡️ 5 horas One to One (para abordar temas específicos de cada participante)
  • ➡️ 3 clases semanais (Luns – Mércores – Venres)
    Turnos: 8:00 a 9:00 / 9:00 a 10:00 / 20:00 a 21:00
  • ➡️ Inclúe: Proba de nivel, Seguimento personalizado, Campus virtual, Material, Informe de asistencia e Informe de rendemento.

Máis información

📧 Consultas técnicas: [email protected] | [email protected]

📧 Consultas académicas: [email protected]

Cadro docente

  • 👤 Augusto Soto
  • 👤 Jo-Anne Cardinal