Semana 1: xoves 30 de marzo
Presentación do programa
Sesión titorial de uso da plataforma de formación en liña.
Semana 2: xoves 13 de abril
Contido. Autodiagnóstico do potencial de internacionalización.
Semana 3: xoves 20 de abril
Contido. Plan de internacionalización, transformación organizativa, estratexia competitiva, planificación, seguimento, cadro de mando.
Semana 4: xoves 27 de abril
Contido. Investigación e segmentación de mercados. Vías de acceso mercado/cliente. Barreiras arancelarias e non arancelarias. Fontes de información.
Semana 5: Xoves 4 de maio
Contido. Aduanas: arancel común, certificado de orixe, valoración, destinos aduaneiros, DUA, Intrastat…
Semana 6: xoves 11 de maio
Contido. Contratos de comercio exterior: compra-venda, intermediación, axencia, joint venture…
Semana 7: xoves 25 de maio
Contido. INCOTERMS, embalaxe, etiquetado, seguros de transporte internacional…
Semana 8: xoves 1 de xuño
Contido. Aranceis, IVE, doble imposición
Semana 9: xoves 8 de xuño
Contido. Segmentación de mercados, competencia, marketing mix:
selección de produto, política de prezos, distribución e comunicación, servizo posvenda.
Semana 10: xoves 15 de xuño
Contido. Feiras e misións comerciais. Oficinas comerciais no exterior.
Semana 11: xoves 22 de xuño
Contido. Crédito documentario, remesas, factoring…
Semana 12: xoves 29 de xuño
Contido. Sucursais, filiais, joint ventures, franquicias, licitacións internacionais.
Semana 13: xoves 6 de xullo
Contido. Axudas á internacionalización, programas multilaterais
Curso gratuíto dirixido a responsables de xerencia e desenvolvemento de negocio, emprendedores e profesionais de todos os sectores
Coñecer as bases e fundamentos do comercio exteiror
Familiarizarse coas áreas fundamentais do comercio internacional: contratación, aduanas, transporte, financiamento, fiscalidade, etc.
Facilitar á área de xerencia e desenvolvemento de negocio da empresa o coñecemento necesario que lle permita entender cales son os aspectos clave que debe ter en conta á hora de definir as bases do seu proxecto de internacionalización
Do 30 de marzo ao 6 de xullo de 2023
Todos os xoves de 18:30 a 20:00h
➡️ Modalidade en liña
➡️ 12 módulos temáticos de formación en comercio exterior, en formato de clases en liña (participación en directo) e con apoio de material didáctico e informativo
➡️ Frecuencia semanal. 12 seminarios de 90 minutos de duración cada un
➡️ Boletín mensual con novas de actualidade sobre as materias impartidas
Juan Tojo é Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca, Máster en Dirección de Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela, Master en International e-Business pola escola de negocios ICEX-CECO e especialista en licitacións internacionais pola escola de negocios IESIDE (antiga Novacaixagalicia).
Conta con 25 anos de experiencia internacional, boa parte dos cales discorreron vivindo e traballando en países como Reino Unido, Italia, Emiratos Árabes, Uruguai, Arxentina ou Chile. Colaborou en proxectos de ámbito internacional para diversas institucións das Administracións europea, nacional e autonómica, en áreas de promoción económica, internacionalización empresarial e captación de investimento estranxeiro. No sector privado, traballou na expansión internacional de empresas españolas e estranxeiras de sectores de consumo e de servizos. Ten experiencia directa en máis de 40 países, na xestión de desenvolvemento de negocio e operacións, así como na implantación de filiais e unidades de negocio en novos mercados. Nos anos máis recentes centra a súa actividade en proxectos relacionados coa internacionalización de empresas a través de canles dixitais e comercio electrónico.
É, ademais, consultor de internacionalización de ICEX e da Escola de Organización Industrial, director académico de programas de formación empresarial da Xunta de Galicia e achega tamén a súa experiencia como mentor en programas de transferencia do emprendemento da Administración Autonómica e da Universidade de Santiago de Compostela.
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela con 20 anos de experiencia profesional como xornalista, primeiro no ámbito da información local e posteriormente no da información económica.
Desde 2016 dirixe e coordina os contidos da web economiaengalicia.com, diario dixital de economía galega.
Ademais, é colaboradora de Empresa Exterior, diario económico do negocio internacional de España, onde realiza entrevistas e conduce e modera eventos e webinars.
Metodólogo e especialista en deseño de programas para a internacionalización de empresas, especialmente pemes e cooperativas.
Desenvolveu programas para 16 países en Europa, América, Asia e África. Entre eles, o SAFCO (Sistema Asistido de Formación de Consorcios de Exportación) e, especialmente, o programa PIPE. Creado no ano 1.995, e polo que pasaron máis de 6.000 empresas no seu proceso de exportación, recibindo mencións da UE e do Congreso Mundial de Cámaras de Comercio como referente e unha das mellores propostas para o proceso de apoio á internacionalización de pemes.
En España, é asesor de diferentes Gobernos e Institucións de Promoción de Comercio Exterior e nomeado experto en internacionalización de pemes pola Comisión Europea e Eurochambres.
Experto en cooperación interempresarial, dirixiu proxectos para pemes en 12 países de Latinoamérica, desde México ata Chile.
É tamén relator e docente en máis de 150 seminarios e Director Académico de 2 Masters de Comercio Exterior e Internacionalización e 5 cursos especializados de Comercio Exterior.
Licenciado en CCEE e ADE pola universidade de Deusto, Diplomado en BA pola universidade de Goteborg (Suecia) e Minesota (USA)
Executivo con máis de 25 anos de experiencia internacional no desenvolvemento de negocio e transformación operativa en mercados maduros e emerxentes de EMEA, Asia e as Américas.
Cunha traxectoria profesional marcada pola internacionalización da empresa española, reside no exterior durante a práctica totalidade da súa carreira profesional, dende os comenzos como becario na Oficina Comercial de España en Sudáfrica ata responsabilidades de dirección xeral e participación en consellos de administración en países como China, Turquía, EE.UU., Alemania, Austria e Holanda. A súa experiencia está centrada na creación de empresas, xestión de fusións e post-adquisicións e desenrolo estratéxico nos sectores de productos industriais (URSA Insulation, Esteves Group) e de gran consumo (Grupo Panrico).
Licenciado en Dereito e Máster en Dirección de Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialidades en Marketing Estratéxico pola Universidade de St. Gallen (Suíza) e en Administración de Empresas polo Instituto de Empresa (Madrid)."
Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Máster en Tributación Fiscal por Garrigues & Andersen, Máster en Comercio Exterior pola Cámara de Comercio de Lugo, Máster en Asesoría Xurídica polo Colexio de Avogados de Vigo, curso superior de Marketing internacional pola CEP.
Desde hai 20 anos desenvolve a súa actividade profesional como avogada, consultora e docente. É socia fundadora de Noroex Consultores e profesora especializada en materias de aduanas, loxística e transporte de comercio internacional en varias universidades, escolas de negocio e institucións: universidade de Vigo, universidade de Santiago de Compostela, UNED, Universitá Degli Studi dei Palermo, IFFE, IGAPE, ICEX, Cámaras de Comercio e Confederación de Empresarios.
Tamén colabora como relator en conferencias informativas sobre mercados, incoterms 2020 e financiamento das exportacións. É, ademais, coautora do libro “Transporte Marítimo na Cadea de Subministración” (2010).
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na especialidade de Comercio Internacional.
Dende hai case 24 anos adícase ao asesoramento a empresas en internacionalización dende o punto de vista financeiro.
Comezou a súa carreira profesional no ano 2000 no Banco de Galicia, posteriormente na Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM) e dende fai 11 anos no Banco Sabadell Gallego, entidade nacional líder no ámbito do asesoramento e servizos financeiros de importación e exportación para empresa. É actualmente un dos Directores de Negocio Internacional do Territorio Noroeste, desenvolvendo as súas funcións no sur de Galicia.
No ámbito da formación, colabora habitualmente tanto con diversas asociacións empresariais locais e comarcais, coma en "xornadas in-company" en empresas para formación e actualización en servizos financeiros co obxectivo de impulsar a súa internacionalización.
Acumula máis de 25 anos de traxectoria profesional desenvolta principalmente en vendas internacionais, seguridade da información e comercio electrónico. ExDirector Xeral de Paypal España.
Doutorando en Dereito Económico Internacional pola UAM.
MBA polo IE
Licenciado en Dereito pola UNED
Diplomado en estudos Europeos pola Université Libre de Bruxelles
Licenciado en Ciencias Políticas e relacións internacionais pola Universidade Complutense de Madrid.
A súa actividade profesional desenvólvese principalmente ao redor da consultoría en comercio electrónico, con especialidade en estratexia na internet e medios de pago, a través da súa empresa Amvos Dixital, compañía de servizos especializada na provisión de servizos dixitais para grandes empresas e pemes, con especial foco en vendas internacionais, dirección de proxectos e empresas da internet e consultoría en aspectos legais e procedementais da seguridade da información.
É profesor de múltiples escolas de negocio, entre outros, director do máster de Internacional Ebusiness (ICEX) e Profesor da área de sistemas e TI no IE.
Desde 2018 é consultora en EOSA, sendo actualmente a coordinadora da área de internacionalización. Encárgase do deseño, organización e coordinación de programas para diferentes administracións públicas e organismos, principalmente no ámbito da internacionalización empresarial.
Foi responsable da organización de misións comerciais e encontros de negocio B2B tanto de maneira presencial como online con múltiples países (Europa, América Latina, NAFTA, China, Corea, Xapón, Marrocos e Angola). Apoia a empresas na participación de feiras internacionais, así coma no desenvolvemento de novas liñas de negocio e de expansión.
Conta tamén con experiencia na xestión de programas de formación e aceleradoras para empresas, proxectos de cooperación transfronteiriza, organización de eventos e xornadas de promoción para empresas galegas.
Laura é graduada Economía pola Universidad de Santiago de Compostela e ten formación complementaria en Comercio exterior e Estratexias de internacionalización.
Francisco Soto Balirac é socio da práctica de Dereito Tributario de GARRIGUES, incorporándose ao despacho na súa oficina de Vigo no ano 2003. Conta cunha dilatada experiencia no asesoramento tributario a empresas, tanto grandes empresas (incluíndo sociedades cotizadas) como pemes, así como a patrimonios persoais, en impostos directos, indirectos, empresa familiar e reestruturacións patrimoniais. Forma parte da liña de "Sports & Entertainment", "IVE" e "Empresa Familiar" do despacho. Relator habitual en charlas tributarias, imparte ademais clases no "Máster de Fiscalidade e Tributación" do Colexio de Economistas da Coruña e no "Máster en Controller e Dirección Financeira" do IFFE Business School da Coruña, así como en diversos masters tributarios da Universidade de Vigo
Escola de negocios fundada en 2016 e referente da formación empresarial en Galicia con máis de 6.000 profesionais e un centenar de organizacións que pasaron polas súas aulas e os seus programas de máster, executive e “In Company”. A súa oferta formativa foi recoñecida en varias ocasións entre as mellores do país por publicacións como Forbes ou o diario A Razón, que recentemente lle outorgou o galardón de mellor escola de negocios de España 2022 na IV Edición dos Premios Excelencia Empresarial 2023. Galicia Business School ten sedes formativas en Santiago e Vigo.
Despacho de avogados fundado en 1993 cunha especial proxección no Dereito da empresa que inclúe, entre outras, áreas de dereito de sociedades, fusións e adquisicións; dereito da navegación e do transporte; competencia, propiedade intelectual e industrial; tributación e fiscalidade.
Entre os seus membros figuran profesionais de acreditada experiencia, letrados asesores de diferentes compañías mercantís e profesores de Escolas de Negocios, ofrecendo un asesoramento legal integral na contorna empresarial desde os seus despachos de Vigo e Santiago de Compostela.