A próxima edición de Exporpymes, evento organizado pola Cámara da Coruña, reunirá o 11 de xullo a importadores internacionais e empresas exportadoras galegas con interese en expandir os seus produtos a outros mercados.
Ata a data, xa se inscribiron máis de 70 empresas galegas e 50 importadores de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Dinamarca, Irlanda, Italia, Portugal, Países Baixos, Canadá, EE.UU., República Checa, China, Togo, Benín, Ecuador, México, República Dominicana, Nicaragua, Brasil, Filipinas, Bolivia e Turquía.
O evento, que terá lugar en Palexco, na Coruña, contará con representación dos sectores de alimentación e bebidas, contract e saúde. Nel, as empresas, ademais de expoñer os seus produtos, terán a oportunidade de manter reunións B2B con importadores dos países representados. Tamén se inclúen no programa diversas actividades promocionais, formativas e informativas sobre exportación.
Na edición anterior, celebrada en outubro de 2022, participaron máis de 100 empresas galegas exportadoras e máis de 75 importadores e profesionais de 30 países. Esto resultou en máis de 400 contactos comerciais directos, tanto para buscar novas oportunidades de negocio como para o peche de vendas.
FONTE: A Cámara de Comercio da Coruña organiza a 10ª edición de Exporpymes (economiaengalicia.com)