Curso: Inglés para a Internacionalización
ÍNDICE DE CONTIDOS
Cápsula 1: «Entering Global Markets»
- ➡️ Descrición: Introdución ao vocabulario e ás estratexias clave para acceder a mercados internacionais.
- ➡️ Contido: Identificación de oportunidades de negocio noutros países e preparación de presentacións efectivas en inglés.
Cápsula 2: «Business Communication and Email Etiquette»
- ➡️ Descrición: Comunicación empresarial a través de correos electrónicos e mensaxes formais.
- ➡️ Contido: Redacción de correos claros, concisos e profesionais en inglés, e adaptación aos estilos comunicativos segundo o contexto cultural.
Cápsula 3: «International Negotiation Skills»
- ➡️ Descrición: Habilidades de negociación efectiva no contexto dos negocios internacionais.
- ➡️ Contido: Ferramentas para negociar en inglés, dende a presentación de propostas ata a xestión de obxeccións e técnicas para alcanzar acordos beneficiosos respectando as diferenzas culturais.
Cápsula 4: «Building and Maintaining International Business Relationships»
- ➡️ Descrición: Estratexias para construír e manter relacións comerciais internacionais.
- ➡️ Contido: Uso adecuado da linguaxe e sensibilidade cultural para establecer vínculos sólidos con socios e clientes internacionais.
Cápsula 5: «Presentations and Public Speaking in International Settings»
- ➡️ Descrición: Habilidades para facer presentacións efectivas en inglés en contornas internacionais.
- ➡️ Contido: Estruturación e exposición de presentacións profesionais en reunións, congresos e feiras internacionais.
Cápsula 6: «Cross-Cultural Communication in Business»
- ➡️ Descrición: A importancia da comunicación intercultural nos negocios internacionais.
- ➡️ Contido: Comprensión das diferenzas culturais que afectan a comunicación e adaptación do estilo de interacción para evitar malentendidos e fomentar a confianza.
Cápsula 7: «Managing International Projects and Teams»
- ➡️ Descrición: Xestión de proxectos e equipos en contornos internacionais.
- ➡️ Contido: Dirección de equipos multiculturais, xestión de proxectos a distancia e coordinación eficaz con colaboradores e socios internacionais.
Cápsula 8: «Global Marketing and Branding»
- ➡️ Descrición: Adaptación de estratexias de márketing e branding a mercados internacionais.
- ➡️ Contido: Creación e adaptación de estratexias de márketing e branding en inglés para diferentes culturas e mercados.
Curso: Inglés para a Internacionalización
Prazas e Prazo de Inscrición
3 grupos formativos: 10 alumnos por grupo. 1 persoa por empresa.
Prazo de inscrición: ata o 7/09/2026.
Inscrición gratuíta por orden de inscrición e ata esgotar prazas.
Dirixido a
Profesionais do ámbito comercial, do márketing e da dirección empresarial de empresas galegas.
Descripción xeral
Cunha metodoloxía flexible e enfocada no mundo real, o curso proporciona unha experiencia de aprendizaxe 100% en liña, ideal para quen busca mellorar o seu inglés sen sacrificar a súa axenda profesional.
Combinamos tecnoloxía de vangarda con contido altamente especializado, asegurando que cada estudante reciba unha formación personalizada e orientada ás necesidades específicas do seu campo. Desde reunións e negociacións ata redacción de correos formais e presentacións, este curso axudarate a comunicarche de xeito efectivo en calquera situación profesional.
Obxectivos
- ➡️ Desenvolver habilidades comunicativas en inglés para contextos empresariais e de negocios internacionais.
- ➡️ Adquirir vocabulario especializado para a expansión global de produtos e servizos.
- ➡️ Aprender a negociar, establecer relacións comerciais e xestionar operacións nos mercados internacionais.
- ➡️ Adaptarse ás diferenzas culturais e lingüísticas no entorno empresarial global.
Duración
Do 14 setembro ao 16 decembro de 2026
Metodoloxía e formato
- ➡️ Modalidade en liña
- ➡️ 40 horas en grupo (Inglés para a internacionalización)
- ➡️ 5 horas One to One (para abordar temas específicos de cada participante)
- ➡️ 3 clases semanais (Luns – Mércores – Venres)
Turnos: 8:00 a 9:00 / 9:00 a 10:00 / 20:00 a 21:00 - ➡️ Inclúe: Proba de nivel, Seguimento personalizado, Campus virtual, Material, Informe de asistencia e Informe de rendemento.
Máis información
Consultas técnicas: [email protected] | [email protected]
Consultas académicas: [email protected]
Cadro docente
- 👤 Augusto Soto
- 👤 Jo-Anne Cardinal